Galego

  Locución substantiva masculina

xugo de mulida

  1. (Carro) Tipo de xugo no que a xugada se suxeita atando os cornos a uns saíntes e entalladuras que leva o xugo no centro e nos extremos. O xugo descansa sobre a caluga do boi ou vaca, protexida por unha almofada de pel chamada mulida.
    • Sinónimos: xugo cornal, xugo de molida.
    • Observacións: Este tipo de xugo distribúese polo case toda a provincia de Ourense (excepto a franxa noroccidental) e ascende por unha estreita franxa ó leste da provincia de Lugo, lindante con León e Asturias. Xaquín Lorenzo dáballe tamén o nome de xugo castelán, porque é o xugo utilizado en toda Castela.

Termos relacionados