Abrir o menú principal

Galego

  Substantivo masculino

xugueira (sg: xugueira; pl: xugueiras)

  1. (Gandaría) Parte superior e anterior do pescozo do boi ou da vaca, onde asenta o xugo.
    • Sinónimos: caluga, cangalleira.
    • Exemplo: Segue un boi novo, un xato aínda sen picar; abálanlle as carnes desde a xugueira ata o cu. (Vázquez Pintor)
  2. (Gandaría) Parte superior do pescozo do boi semental, marcadamente avultada.
    • Exemplo: E foi póndose en pé, alzado ás catro patas, coa xugueira marcada polo vulto extremo que lle dera sona de caste. (Vázquez Pintor)
  3. (Veterinaria) Calosidade que se forma na parte superior do pescozo do boi ou da vaca, causada polo rozamento continuo do xugo.
    • Sinónimos: calo, colo, cachazo, palmoeira.
    • Exemplo: Na feira, cando alguén mercaba un boi, valía máis se xa tiña xugueira porque era sinal de que estaba amansado e afeito a traballar.
  4. (Gandaría) Parte inferior do xugo, lixeiramente rebaixada para que asente sobre a caluga do boi ou da vaca.