Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «ártabro».
  •   Pronuncia: [ˈaɾ.tɐ.βɾʊ] (AFI)

  Substantivo

ártabro (ms: ártabro; mpl: ártabros; fs: ártabra; fpl: ártabras)

  1. Tribo celta asentada na zona que comprende a ría da Coruña e a ría de Ferrol ata a chegada de Xulio César no ano 62 a.C.
  2. (Xentilicio) Habitante ou natural do concello de Ferrol.

  Adxectivo

ártabro (ms: ártabro; mpl: ártabros; fs: ártabra; fpl: ártabras)

  1. Pertencente ou relativo ao Arco Ártabro.
  2. Relativo ou pertencente á tribo celta.
  3. Relativo ou pertencente a Ferrol e a súa xente.