Wiktionary:Advertencia xeral
O WIKTIONARY NON GARANTE A EXACTITUDE DOS SEUS ARTIGOS
O Wiktionary é un dicionario colaborativo, en liña, de contido aberto, isto é, unha asociación voluntaria de individuos e grupos que están a desenvolver un recurso común e aberto. A estrutura do proxecto permite alterar o seu contido a calquera cunha conexión á internet e un navegador para a World Wide Web. Queda avisado de que nada do que atope aquí foi necesariamente revisado por profesionais ou expertos que lle garantan unha información fiable, precisa e completa.
Isto non quere dicir que non poida atopar aquí vostede información valiosa e precisa, no Wiktionary haa atopar habitualmente. Non obstante, Wiktionary non pode garantir a validez da información publicada aquí. O contido de calquera artigo dado pode ter sido trocado recentemente, vandalizado ou alterado por alguén cuxa opinión non coincida co coñecemento aceptado nesa área concreta.
Ningunha revisión minuciosa
editarEstamos traballando no xeito de seleccionar e destacar versións fiables de artigos. A nosa comunidade activa de editores usa ferramentas como os Cambios recentes ou as Páxinas novas que axudan a facer un seguimento do novo contido e dos cambios que se produzan. Porén, o Wiktionary non está uniformemente revisado de xeito minucioso; mentres que os lectores poden corrixir os erros ou engadir artigos en revisión minuciosa, non teñen a obriga legal de facelo; deste modo, a información lida aquí carece de ningunha garantía ou pode non axustarse a ningún propósito ou uso, cal sexa. Mesmo artigos que recibiran unha revisión informal ou engadidos a artigos destacados poden ser modificados máis tarde de xeito inapropiado, xusto antes de que vostede os vexa.
Ningún dos autores, colaboradores, patrocinadores, administradores, nin ninguén relacionado dalgún xeito co Wiktionary pode ser responsabilizado pola aparición de calquera información inexacta ou difamatoria, ou polo uso que se faga das informacións contidas ou ligadas a partir das páxinas deste sitio.
Sen contrato; licenza limitada
editarTeña claro que a información fornecida aquí está a selo de xeito libre, e que este tipo de acordo ou contrato faise entre vostede e os propietarios ou usuarios deste sitio, propietarios dos servidores nos que está aloxado, contribuidores individuais do Wiktionary, calquera administrador de proxectos, sysops ou calquera que estea dalgún xeito ligado con este proxecto ou con proxectos irmáns en base á vosa reclamación contra calquera deles directamente. A vostede garánteselle a posibilidade de copiar calquera contido deste sitio; o que non implica ou crea ningunha ligazón contractual ou extracontractual por parte de Wiktionary ou calquera dos seus axentes, membros, organizadores ou outros usuarios.
Non existe acordo ou entendemento entre vostede e o Wiktionary respecto ao seu uso ou modificación desta información alén da Licenza de Documentación Libre GNU (GFDL); nin ninguén no Wiktionary é responsable dos cambios, edicións ou eliminacións de ningunha información que vostede poida publicar no Wiktionary ou en calquera dos seus proxectos irmáns.
Marcas rexistradas
editarCalquera das marcas comerciais, de servizos, marcas colectivas, dereitos de deseño, dereitos persoais, ou dereitos semellantes citados, usados ou mencionados nos artigos do dicionario Wiktionary son propiedade de seus respectivos donos. O seu uso aquí non implica que vostede poida usalos para calquera outro propósito que o similar uso informativo contemplado polos autores orixinais de artigos deste Wiktionary, feitos baixo a licenza GFDL. Agás doutro xeito establecido, no Wiktionary e sitios de Wikimedia non se aproba con ningún dos posuidores de ningún destes dereitos que como tales, o Wiktionary non pode garantir ningún dereito de usar o material protexido de ningún outro xeito. O seu uso desta propiedade ou similar propiedade é ó seu propio risco.
Xurisdición e legalidade do contido
editarA información publicada no Wiktionary pode supoñer unha violación das leis do país ou da xurisdición do lugar desde onde está vendo estas páxinas. A base de datos do Wiktionary está almacenada no estado de Florida nos Estados Unidos de América, e mantense como referencia das proteccións garantidas pola lei local e federal. As leis no seu país ou xurisdición poden non protexer a liberdade de expresión ou distribución das ideas do mesmo xeito que as leis citadas. Wiktionary non fomenta a vulneración de ningunha lei; e non pode ser responsable de ningunha vulneración de ningunha desas leis. Pode vostede ligar este dominio ou usar, reproducir, ou volver publicar a información contida aquí.
Non hai consellos profesionais
editar- Véxase tamén: Wiktionary:Aviso de risco, Wiktionary:Aviso médico e Wiktionary:Aviso legal.
Se necesita consello específico sobre unha área en concreto, tales como médico, legal, etc., por favor, busque un profesional diplomado ou unha autoridade nesa área.