-xenia
Galego
- Etimoloxía: do grego antigo γένος, -εος, -τό (orixe).
-xenia
- Definición impropia: Elemento de composición de palabras empregado na formación de numerosos termos científicos co significado de orixe, xeración, como bioxenia, embrioxenia, filoxenia etc.
Observacións
Ás veces «-xenia» alterna con «-xénese»: bioxenia / bioxénese; embrioxenia / embrioxénese; filoxenia / filoxénese, etc.