Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Avicena».
 
Avicena

ابوعلى سين en persa (Pur-e Sina fillo de Sina); en árabe أبو علي الحسين بن عبد الله بن سينا Abū ʿAlī al-Ḥusayn ibn ʿAbd Allāh ibn Sīnā, máis coñecido por Ibn Sina ou por Avicena, nado en Afshana, Persia ca. 980 e finado en Hamadán, Persia, en 1037, foi un médico, filósofo e científico persa. Influído, entre outros, por Hipócrates, Aristóteles e Galeno, escribiu cerca de catrocentos cincuenta libros sobre diferentes temas, predominantemente de filosofía e medicina. Os seus textos máis famosos son O libro da curación e O Canon da Medicina, este último tamén coñecido como O Canon de Avicena.