Conversa:abegondense
*Abegondense
editarSobre dos topónimos con remate "-és/-esa", Xosé-Henrique Costas en "Os Xentilicios de Galicia, UVigo 2016 [pdf]" comenta que o topónimo correcto é "abegondés/abegondesa". Indica que "nos últimos sesenta ou cen anos, tanto en galego coma en portugués ou castelán, é que ante o descoñecemento do étimo e a inexistencia dun xentilicio, [...] todo o mundo se lanzou á moda do sufixo -ense sen importar o étimo: abegondense, cercedense, alfocense [...]". Argumenta que "-ense" se debería empregar sempre sobre o étimo do topónimo. Así como de Abegondo non se coñece con certeza o étimo, engadirlle "-ense" non é adecuado e desaconséllao.
Debemos retiralo a tal hora como sinónimo "abegondés" e desaconsellar o uso de "abegondense"? Mgl.branco (conversa) 7 de setembro de 2016 ás 21:41 (UTC)