Conversa:temoeiro
Temoeiro en galego é o estrobo, un aro de coiro ou verga que ata o xugo á cabezalla. Nada que ver coa tradución que se dá ó timonero castelán, que manexa o temón do barco, e que en galego sería temoneiro. ¿cal é a solución? Pedro --Lameiro (conversa) 19:56, 8 de maio de 2012 (UTC)
Tes razón Lameiro, e o dicionario da RAG dá estrobo, loro, sabexugueiro e sobrexugo como sinónimos, polo tanto hai que completar coa definicion do galego e retirar a traducción. Timonero xa o temos ... e corrrixíno. Deixote completar, seracha mais facil ca mín. --Elvira (fálame) 20:42, 8 de maio de 2012 (UTC)
Iniciar unha conversa sobre "temoeiro"
As páxinas de conversa son o lugar onde a xente debate como facer que o contido de Wiktionary sexa o mellor posible. Podes usar esta páxina para iniciar unha conversa con outras persoas sobre como mellorar "temoeiro".