Conversa Wiktionary:Zona de probas

EPICLERATO

Toda a familia estaba baixo a autoridade do pai, κύριος, e o parentesco transmitíase unicamente por liña masculina. A propiedade familiar era inalienable e transmitía unicamente aos descendentes varóns. Daquela a falta dun varón, a filla recibía o patrimonio familiar, pero debía casarse co seu parente máis próximo e os eu fillo era considerado como continuador da liña masculina. Epiclerato ero o nome que recibía esta institución.

   En Atenas Solón promulgou un código de leis a principios do século VI a.C. A mediados do VI a. C. a propiedade era inalienable e Solón autorizou o testamento libre, pero conservando algúns trazos do seu primitivo carácter relixioso.
   A propiedade tiña un dobre carácter. Por un lado, un carácter relixioso dado que era o lugar de inhumación dos antepasados e tamén porque a constitución de lotes de terras, κλῆρος,  era consecuencia dun acto relixioso, o sorteo Por outro lado,  tiña tamén un carácter político. O dereito de propiedade sobre os bens inmobles era inseparable á condición de cidadán. A terra non podía pertencer máis que á cidade ou aos cidadáns. A unidade elemental era o οἶκος, posesións dunha familia, casa, terras, gando, na que ademais estaban incluídas as persoas que vivían no οἶκος. A muller, ao non er unha cidadá de plenos dereitos, non podía ober a propiedade  do οἶκος, aínda que formaban parte del. Daquela, ante a morte do xefe da familia sen herdeiros varóns,  debíase buscar un medio por lo cal a filla, aínda que non fose propietaria do kleros paterno polo súa situación xurídica, puidese transmitir a herdanza a un aun fillo seu, de maneira que o patrimonio familiar non desaparecese repartido entre persoas alleas ao οἶκος de orixe, suliñando que a epikleros nunca estaría en posesión da propiedade paterna Sen embargo, tamén existían sociedades, esencialmente en Esparta e Creta, onde a muller si podía ser titular dunha parcela de terra, pese ao cal seguía facéndose necesaria unha institución que impedise que o klaros (término en dialecto dorio para kleros) pasase por matrimonio a engrosar outro oikos alleo. De feito, o término ἐπíκληρος non era o unico para designar a estas mozas, senón que esta denominación variaba segundo o lugar;: entre os poetas denomínanse ἔγκληρος entre os lexicógrafos figura ἐπιπάματις e en Esparta úsase o termo πατροῦχος , utilizado tamén nas leis da cidade grega de Gortina, baixo a variante πατροιόκος.
   O familiar varón máis próximo á ἐπíκληρος tiña o privilexio ou deber de unirse en matrimonio con ela. Débese ter en conta que en Atenas o matrimonio entre a herdeira e o familiar máis próximo non se realizaba de modo automático, senón que debía ser recoñecido nun proceso xudicial chamado ἐπιδικασíα. O parente ou parentes que considerasen que tiñan o dereito de sucesión debían acudir xunto ao arconte epónimo nos primeiros dez días de calquera mes do ano, agás no mes de esciroforión, xuño-xullo. Un tribunal adxudicaba a quen tivese presentado unha única solicitude ou decidía entre varios candidatos. Este marido era coñecido en Gortina como ἐπίβατον e en Atenas ἀγχιστεύς.

Parece que a mediados do século IV a.C esta institución entrou en declive, quedando co correr dos séculos desposeída de todo sentido institucional.

Iniciar unha conversa sobre "Wiktionary:Zona de probas"

Iniciar unha conversa
Volver á páxina do proxecto "Zona de probas".