Daniano
Grafías semellantes: daniano |
Galego
Daniano
- (Xeoloxía) Escala de tempo xeolóxica, a idade e piso máis antigo dos tres que conforman a época e serie Paleoceno. Esténdese no tempo entre os 66 e os 61,6 millóns de anos atrás. A súa base vén definida pola extinción masiva do Cretáceo-Terciario. Está precedido polo Maastrichtiano no Cretáceo Superior e é seguido polo Selandiano.
Observacións
- Adoita empregarse en maiúscula.