Wiktionary:Taberna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
Prevert (conversa | contribucións)
Liña 1.036:
 
:::Entendo ben o que di Prevert e concordo de xeito xeral. Pero hai no caso diste wiki (O Galzionario) elementos mui particulares. Houbo un traballo enorme por un "equipo" que fixo moito. Dise equipo Prevert e Sobreira volven de vez en cando. Logo engadese por algun tempo un usuario. Furagaitas semella ser o maís fiel. Eu dende o principio do ano trato de ser máis ou menos regular. É por isto que non vexo moito como se pode considerar que se se fan mudanzas poidan ter moita lexitimidade. Por exemplo non vexo moito a diferencia entre un día e unha semá para executar un consenso. No caso das bandeiras nas cabeceiras, semella que somos catro (Furagaitas, Sobreira, Norrim strange e eu) a prefirir que non se identifiquen as linguas con bandeiras. Sendo 4 votos (3 a favor e un neutro) en consideración que poidan ser 6 de usuarios máis ou menos activos, e sabendo que a maioría dos wikidicinarios non levan bandeira para identificar as linguas (quero decir que isto non semella ser unha decision que vai en contra dos principios wiki, mais que é unha decision mui comun, sen orixinalidade), por un día ou unha semá non hai diferencia. Somos tan poucos que ou pasamolo tempo falando ou traballando, agás os que teñen bots e que poden facer en dous días o traballo que eu faria en dous anos. Isto tamén pode facer que temos puntos de vistas "tecnicos" mui contradictorios. Sabemos ben que un usuario rexistrado e que ten un minimo de contribucións que testimuñan da sua boa fé sobre o proxecto vale tanto como outro. Recollendo todo esto, a problematica é a siguente : traballar sen mover nada '''ou''' pasar moito tempo razoando e tomar decisións que poden ser conflitivas e por demais illexitimas por o numero baixo de participantes. '''En resumo por mín podese considerar que ó de sacar as bandeiras en tan pouco tempo (sendo repitóo unha decision que levan a maiorías dos outros dicionarios) é unha cousa definitiva hasta que se fagan votacións máis lexitimas sobre o tema.''' Se nos vindeiros días aparece un montón de usuarios listos para levar a cabo as conversas necesarias e que queren volver pór bandeiras, poís pasaseromos a un voto con discusións e o tempo de espera necesario. Se non aparecen ises usuarios que poidan razoar e coller tempo para un proceso máis lexitimo, póis por mín iste consenso vale tanto como outro. Para non seguir con líos digo coma Furagaitas, deixar o consenso aberto, a ver o que pasa, a ver si veñen moitos usuarios interesarse polo tema. A cousa pode ser mui positiva para o Galizionario, se ven outro máis con un bot e que arrrea coma Sobreira e dous ou tres máis, de seguro que ao comezar o 2009 podemos ir a votos para mellorar moito a calidade e que en cantidade vamos pillar a Galipedia ! Xa se vera. Eu non me desanomo e vou intentar seguir un pouco. [[Usuario:Elvire|Elvire]] 18:18, 11 decembro 2008 (UTC)
 
Non serei eu quen me poña a argumentar a prol de manter as bandeiras, a cuestión non vai por aí, nin pretende entorpecer ningún cambio. Precisamente do que se trata é de garantir a lexitimidade desas decisións e que teñan certo percorrido. Cando se toma unha decisión temos que asumila todos, gústenos ou non, e a min a miúdo tócame comunicar aos usuarios novos cales son os criterios que se seguen e recibir as súas "queixas" cando non están de acordo. Nese sentido penso que son importantes os procedementos, para que os que veñan detrás, e nós mesmos, teñan e teñamos claro a validez dos acordos aos que se chegue. Xa que tanto Furagaitas como Elvire non están polo labor, non desfarei os cambios aínda que penso que esas edicións deberían desfacerse. Quero deixar claro que isto non é un reproche a Norrin strange, sei que o fixo por axudar máis nada. En canto ao debate, a miña opinión é que o dito sobre as bandeiras nos medelos de linguas é válido para os dicionarios bilingües porque en ambolos dous casos estamos nas mesmas, polo tanto se se decide eliminar as bandeiras habería que facer o mesmo cos dicionarios bilingües e en todos aqueles casos semellantes. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 20:49, 11 decembro 2008 (UTC)