Wiktionary:Taberna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
Prevert (conversa | contribucións)
Liña 1.117:
A semana pasasa (a do 2 ao 9 de marzo de 2009) recibín un aviso sobre unha petición pendente de status de bot para [[Usuario:Interwicket|Interwicket]]. Paréceme que me tocou a min outorgar o status de bot á maioría das peticións de [[Wiktionary:Bots/Peticións_de_aprobación]], en todas elas tentei aplicar o criterio de que polo menos tivera tres votos válidos (aqueles que cumprían os requisitos de antigüidade e número de edicións). Neste caso segundo ese criterio só hai dous votos válidos, con todo semella case imposible na situación actual acadar tres votos e como o usuario que pide o status de bot reune os requisitos de coñecemento e fiabilidade penso que non hai razóns para negarlle o devandito status de bot. Quixera coñecer a vosa opinión e no caso de non haber opinións contrarias procederei a outorgarlle os permisos de bot nos próximos días. (Evidentemente se a proposta acadase os tres votos esta mensaxe xa non tería sentido). Moitas grazas de antemán pola vosa atención e colaboración. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 18:24, 11 marzo 2009 (UTC)
:O que dis é perfecto para mín, engado co tempo pasado sen outro voto a favor e a calidade do bot nos wikidicionarios non necesita esperar moito. Saúdos [[Usuario:Elvire|Elvire]] 21:16, 11 marzo 2009 (UTC)
::Procedo a outorgar o status de bot a Interwicket. Grazas Elvire polo teu comentario. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 09:08, 16 marzo 2009 (UTC)