MediaWiki:Uploadtext
Este formulario serve para cargar un ficheiro no Galizionario.
Quere que o seu ficheiro estea á disposición de moita máis xente?
Considere a posibilidade de cargar o ficheiro multimedia na Wikimedia Commons.
Os elementos cargados en Commons pódense utilizar na Wikipedia e nos outros proxectos da Wikimedia, axudando a crear un repositorio central de ficheiros e imaxes libres.
ALTO! Antes de cargar o ficheiro aquí, asegúrese de ler e seguir a política de uso de imaxes.
Se un ficheiro co nome que especifica existe con anterioridade na wiki, será substituído sen advertencia. Así, a menos que queira actualizar un ficheiro, é unha boa idea ver primeiro se existe.
Para ver ou procurar imaxes cargadas de xeito previo, vaia á lista de imaxes cargadas. As cargas e borrados están aloxadas en rexistro de carga.
Use o formulario de abaixo para cargar novos ficheiros de imaxe para usalas como ilustracións.
Na maioría dos navegadores, podes ver un botón "Seleccionar..." , o que abrirá o cadro de diálogo normalizado no seu sistema operativo. Tras elixir un ficheiro, insira o seu nome no campo de texto próximo ao botón. Debe tamén premer a opción que afirma que non está a violar dereitos de copia por subir o ficheiro. Prema o botón de "Carga" para finalizar a carga. Isto pode levarlle algún tempo se ten unha conexión a internet lenta.
Os formatos preferidos son JPEG para fotos, PNG para debuxos e outras imaxes, e OGG para sons. Por favor, nomee os seus ficheiros dun xeito descritivo para evitar confusións. Para incluír un ficheiro (imaxe, son ou vídeo) nunha páxina, use unha ligazón do xeito [[Ficheiro:nome.jpg]].
Por favor, teña en conta que igual cás páxinas wiki, outras persoas poden editar ou borrar as súas páxinas cargadas, e que pode ser bloqueado se abusa do sistema.