Modelo:A palabra do día/19 de abril

teca1

  1. (Botánica) Árbore da familia das verbenáceas (Tectona grandis), da que se extrae unha madeira amarela usada en carpintaría.

teca2

  1. Caixiña na que se garda unha reliquia.
  2. (Botánica) Cada unha das metades da antera compostas por sacos polínicos.
  3. (Micoloxía) Célula na que se forman as esporas dalgúns fungos.
  4. (Zooloxía) Coiraza ou cuberta protectora dalgúns organismos protistas.
  5. (Medicina) Caixa, envoltura, vaíña, principalmente a vaíña dos tendóns.
  6. (Medicina) Envoltura dos folículos ováricos.
  7. (Medicina) Estrutura en forma de cápsula que permite o crecemento dos vasos sanguíneos proporcionando apoio nutricional ao folículo ovárico durante o desenvolvemento folicular.