Este modelo crea unha cabeceira que terá como principal obxectivo separar as entradas homógrafas dentro dunha mesma lingua, para evitar ter que repetir a cabeceira de lingua.
Colocarase ó principio da entrada (a continuación da cabeceira de lingua ou da entrada anterior, segundo o caso) e previo ós apartados de etimoloxía, pronuncia e son.
A cabeceira mostra por defecto o nome da páxina, podendo cambialo por outro texto alternativo (outra lematización, por exemplo), coa opción de mostrar un número en superíndice despois de dito texto.
Exemplo de sintaxe: {{lema | texto alternativo | 2 }}