Modelo:t/uso
Este modelo serve para introducir palabras en linguas diferentes do galego, cun interwiki (ligazón á páxina do mesmo nome do wiktionary desa lingua) en superíndice a continuación da palabra. Ademais, a palabra ligará, dentro do Galizionario, coa sección correspondente a esa lingua na páxina correspondente a esa palabra.
Faise referencia ás linguas mediante o seu código ISO 639.
A sintaxe será {{t|código|palabra}}. Por exemplo, para a palabra inglesa Galician escribiriamos: {{t|en|Galician}}. O resultado sería: Galician (en)
Se se cre preciso, pódese visualizar un texto alternativo diferente do nome da páxina coa que se liga. A sintaxe será {{t|código|palabra|texto alternativo}}. Por exemplo, para a palabra castelá gallego, -a poderiamos escribir: {{t|es|gallego}}, {{t|es|gallega|-a}}. O resultado sería: gallego (es), -a (es)
Pódese empregar tamén con palabras galegas para facer ligazóns internas, usando o código do galego (gl) ou deixando en branco o campo do código de lingua.
Outra opción sería empregalo co nome científico (abreviado nc). Por exemplo, para o nome científico da faia Fagus silvatica poderiamos escribir: {{t|nc|Fagus silvatica}}. O resultado sería: Fagus silvatica
Teña en conta que o seu uso non sempre é conveniente, xa que non todas as linguas contan cun Wiktionary. Para estes casos e calquera outro no que se queira que non apareza unha ligazón externa, senón simplemente unha ligazón interna ao artigo correspondente e á sección desa lingua, pódese conseguir engadindo un cuarto campo (baleiro vale). A sintaxe será {{t|código|palabra|texto alternativo (opcional)|cuarto campo (pode ir baleiro)}}. Por exemplo, para a palabra inglesa hook poderiamos escribir: {{t|en|hook||}}. O resultado sería: hook. De todos xeitos, para estes casos é mellor empregar o modelo {{lingua|termo|texto alternativo (opcional)}}, como {{en|hook}}.
Para interpretar os códigos de lingua este modelo emprega o Modelo:nomelingua.