Urano
Galego
- Etimoloxía: do grego antigo Οὐρανός (Ouranos).
- Pronuncia: [uˈɾa.nʊ] (AFI)
Urano
- (Astronomía) Sétimo planeta do Sistema Solar. A principal característica de Urano, parece ser a estraña inclinación do seu eixo de rotación case noventa graos con respecto á súa órbita.
- (Mitoloxía) Deus primordial do ceo na mitoloxía grega.