Wiktionary:Administradores
(Redirixido dende Wiktionary:Administrador)
Os administradores son usuarios que teñen certos permisos en cuestións técnicas. O seu traballo non consiste en valorar ou censurar o dos demais editores (para iso existen as políticas e as votacións), se non en arranxar problemas grazas ás ferramentas que a wiki pon ó seu dispor. Precisamente por iso, habitualmente dedican parte do seu tempo conectados a resolver problemas de formatos e coordinar á comunidade, máis que a crear ou editar artigos. Se tes algún problema de calquera tipo, podes recorrer a eles en busca de axuda. Se queres ver unha lista dos administradores podes obtela aquí.
Para facer unha petición a un administrador pode acudir ó Taboleiro dos administradores.