Wiktionary:Administradores/Eleccións/Usuario:Furagaitas
Debate pechado. Por favor non faga edicións neste arquivo.
Apróbase por 6 votos a favor, 0 en contra e 0 neutros a elección de Furagaitas a administrador
- Posto que non temos políticas no Galizionario polo de momento, propoño como condicións para esta votación as seguintes (recollendo as que tivemos na última votación que fixemos) :
- Ter feito un mínimo de 150 contribucións válidas nos artigos para poder votar.
- Ter unha antigüidade mínima de 60 días, a contar desde a primeira edición e antes do inicio da votación.
- A elección farase por maioría simple.
- A duración da votación será de 10 días.
- Para exercer o teu voto, sempre e cando cumpras os requisitos necesarios, podes empregar o modelo que exprese a túa opinión:
Ademais diso, tamén podes usar:
- Por favor, trata de argumentar a túa postura engadindo algunhas palabras que fundamenten o acordo ou desacordo coa proposta, en particular cando te opoñas. Ten en conta que a votación non é necesariamente sempre unha mera suma de votos; e non esquezas asinar ( engadindo ~~~~).
- A seguinte votación ábrese o 7 de novembro do 2011 ás 00h00 e péchase o 17 de novembro do 2011 ás 24hOO.
* Propoño ao usuario Furagaitas (Contribucións) como administrador segundo a conversa que levouse na Taberna.
- a favor
- Concordo é importante para o Galizionario que Furagaitas teña as ferramentas de administrador para o traballo de mantemento, e teño a suficiente confianza para pensar que vainas utilizar mui bén. --Elvire 17:03, 7 de novembro de 2011 (UTC)
- Concordo, trátase do usuario con maior dedicación ao Galicionario, durante moito tempo estivo facendo todo canto pode facer un administrador sen permisos como tal, e espero que con este caso as tarefas de mantemento sexan máis rápidas e menos frustrantes como poden chegar a ser. — GallaecioE logo?
- Concordo. --Xoán Carlos Fraga 09:32, 7 de novembro de 2011 (UTC)
- Concordo. Aínda que xa hai demasiado tempo que non edito nada no Galizionario (prometo emendar esta ausencia), son consciente do bo traballo de Furagaitas, e conta co meu apoio, naturalmente. Pedro --Lameiro 19:52, 7 de novembro de 2011 (UTC)
- Concordo --Norrin strange 10:07, 8 de novembro de 2011 (UTC)
- Concordo polo traballo que leva feito desde que comezou a editar no Galizionario. --Prevertgl 14:53, 8 de novembro de 2011 (UTC)
- en contra
- neutro
- comentarios