Wiktionary:Borrar
Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia que foron adaptadas ao Wiktionary. Ten unha ampla aceptación entre os editores da wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. |
Cando se borra unha páxina, o contido orixinal mantense dispoñible no historial de edicións da páxina para que outros usuarios poidan recuperalo se así o desexan. Cando as páxinas se borran, iso elimina non só a versión actual, senón tamén as versións previas.
Só os administradores teñen a posibilidade de borrar e recuperar páxinas borradas no sistema. Coa versión actual do sistema de borrado (meta:deletion management redesign), os administradores necesariamente teñen que sopesar con coidado os efectos da súa decisión. Vostede pode estar seguro de que os administradores seguen o proceso detallado abaixo antes de tomar unha decisión.
As páxinas borradas poden ser recuperadas polos administradores. Se se produce un borrado accidental, é relativamente sinxelo restablecer o contido perdido.
Os administradores deben actuar con prudencia sendo conscientes do poder que detentan. En caso de dúbida... non borre!
Procedemento para borrar
editarSe a páxina non encaixa nas categorías expostas en eliminación rápida, entón non poden borrarse sen antes pasar sete días en Wiktionary:Votacións para borrar.
Que facer cando hai un problema nunha páxina, imaxe ou categoría?
editarRealmente a páxina corresponde a Votacións para borrar? Lea as seguintes dúas táboas para saber que facer cando xurda un problema. Se intenta usar algún dos modelos e ve que non existen, pida na Taberna que alguén o cree.
Problema | Solución | Engada este marcador |
---|---|---|
Artigo escrito nunha lingua estranxeira.
|
Engadir na lista Wiktionary:Traducir. | {{Nongalego}} |
Unha rama menor dun tema que non merece un artigo independente.
|
Combinar o contido útil nun artigo máis apropiado e redirixir á páxina orixinal. | |
Artigos con información repetida nalgún outro artigo.
|
Combine e redirixa. Se vostede non acaba de saber como facelo, póñao na lista Wiktionary:Artigos duplicados e engada o marcador da dereita. | {{Fusión|[[artigo]]}} |
O artigo necesita moitas melloras e traballo de reescritura. | Na lista Wiktionary:Artigos con problemas. | |
Vandalismo ou erros e inexactitudes.
|
Revirta e mencióneo en Wiktionary:Taboleiro dos administradores/Vandalismo. |
Problema | Solución | Engada este marcador |
---|---|---|
|
Propoñer en Wiktionary:Votacións para borrar. | {{Vpb}} |
Páxina de usuario inapropiada.
|
Fale co usuario e, se iso non funciona, volva aquí. | |
O artigo está proposto para unha eliminación rápida.
|
Engadir á Categoría:Limpar (Poñendo o marcador da dereita na páxina é suficiente). | {{borrar}} |
Mensaxe "Proposto para borrar"
editarCando inclúa unha páxina en Wiktionary:Votacións para borrar, resulta convinte e cortés poñer un aviso para que os usuarios coñezan que está proposta para borrar. A forma suxerida é engadir o marcador {{Vpb}} por riba do contido, facendo que a páxina sexa engadida automaticamente á categroría Borrar e facendo tamén que se amose a seguinte mensaxe:
Con isto evítase que os lectores non saiban ou descoñezan o que está sucedendo.
- Esta mensaxe non é precisa para páxinas que:
- Non teñan contido (como unha redirección).
- Non teñan un historial significativo. Véxase eliminación inmediata para páxinas que non requiran pasar polo proceso Wiktionary:Votacións para borrar.
Comentar unha proposta de eliminación
editarCando calquera usuario propón un artigo para borrar nunha das listas, calquera outro pode engadir un comentario á petición. Ao expresar unha opinión, por favor inclúa a súa opinión, as súas razóns, e asine e poña a data con ~~~~ (están dispoñibles na parte superior e inferior da caixa de edición). Antes dos comentarios debe ir algún destes marcadores:
- {{Eliminar}} que daría Eliminar
- {{Manter}} que daría Manter
- {{Neutro}} que daría Neutro
- {{Comentario}} que daría Comentario (non é un voto).
- Tamén pode facer outras accións como:
- redirixir a [[este artigo]].
- combinar con [[este artigo]] e redirixir.
- Tamén pode facer outras accións como:
Teña en conta que combinar con [[outro artigo]] e borrar só é unha opción válida se a información do autor do contido se conserva dalgún xeito.