Wiktionary:Páxinas para xuntar
Todos os usuarios do wikcionario, rexistrados ou non, poden editar, ampliar e crear páxinas de xeito libre simplemente premendo en "editar" de cada páxina.
Agora ben, non todos os usuarios teñen a capacidade de unificar historiais, de feito só os administradores poden facelo. Isto é así para evitar actos de vandalismo, borrados accidentais, borrados por diferenzas de opinión, etc. Logo, para unificar o historia de dúas páxinas, cómpre pedilo aos administradores.
Hai dous xeitos de pedir ao administrador que se xunten dúas páxinas:
- Engadir {{xuntar|nome da outra páxina}} ao principio da páxina. Isto fará que a páxina sexa automaticamente listada na categoría de páxinas marcadas para xuntar.
- Facer unha petición no Taboleiro dos administradores.