actinio
Grafías semellantes: actínio |
Galego
- Etimoloxía: do grego antigo ἀκτίς, -ῖνος, "raio luminoso".
- Pronuncia: /akˈtinjo̝/ (AFI)
actinio (sg: actinio; pl: actinios)
- (Química) Elemento químico número 89, é unha "terra rara". É metálico, brilla na escuridade de cor azul debido á súa radiactividade. Foi descuberto por Debierne en 1899. O seu símbolo é Ac.
Traducións
Elemento químico número 89, é unha "terra rara"