aleta adiposa
Galego
Locución substantiva feminina
- (Ictioloxía) Aleta de pequeno tamaño que se atopa detrás da aleta dorsal dalgúns peixes, como os salmónidos (troita, reo, salmón, etc.), que carece de función locomotora, e que tampouco ten os raios que posúen as outras aletas.
- Sinónimos: ala adiposa.