aleta pelviana
Galego
aleta pelviana (sg: aleta pelviana; pl: aletas pelvianas)
- (Ictioloxía) Cada unha das dúas aletas situadas normalmente, nos peixes, en posición abdominal, xusto diante do ano, pero que tamén poden estar nalgúns deles, por teren avanzado no curso da evolución, detrás das pectorais (pelvianas abdominais), debaixo destas (pelvianas torácicas), diante, baixo o pescozo (pelvianas xugulares) ou nunha posición intermedia (pelvianas subtorácicas).
- Sinónimos: aleta abdominal, aleta ventral, ala abdominal, ala pelviana, ala ventral.