Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «amplificación».
  •   Pronuncia: /amplifikaˈθjoŋ/ (AFI)

  Substantivo feminino

amplificación (sg: amplificación; pl: amplificacións)

  1. Acción e efecto de amplificar, ampliar, estender ou engadir.
  2. (Física) O incremento dunha magnitude, especialmente voltaxe, intensidade ou potencia.
  3. (Electrónica) Ganancia.
  4. (Xenética) Emprego da reacción en cadea da polimerase para illar e ampliar un fragmento ou secuencia de ADN.
  5. (Química orgánica) Procedemento usado na nomenclatura de compostos orgánicos complexos nos que os superátomos da estrutura base (un "phane") son mudados por estruturas cíclicas (amplificantes).
  6. Recurso estilístico consistente no desenvolvemento dun motivo cun máximo de palabras para alongar o texto.

Traducións

Castelán

  Substantivo feminino

amplificación (sg: amplificación; pl: amplificaciones)

  1. Amplificación.