análise
Galego
- Etimoloxía: do latín analysis, e este do grego antigo ἀνάλυσις.
- Pronuncia: /aˈnalise̝/ (AFI)
análise (sg: análise; pl: análises)
- Proceso lóxico que consiste na investigación das estruturas básicas dunha información.
- Documento que revisa, separa ou fai un resume dos elementos ou principios dun tema ou dunha obra.
- (Filosofía) Método que permite establecer nocións simples partindo dunha noción composta.
- (Medicina) Exame químico ou bacteriolóxico dos humores ou tecidos cun fin diagnóstico.
- Sinónimos: analítica, análise clínica.
- (Lingüística) Exame das palabras do discurso, para determinar a categoría, oficio, accidentes e propiedades gramaticais de cada unha delas.
- (Química) Procedemento para coñecer a composición química dun produto.
- (Matemáticas) Ramo da matemática que estuda as propiedades topolóxicas en estruturas alxébricas.
- (Psicoloxía) Proceso que se destina á investigación psicolóxica e á orientación do paciente (tendo como referencial os datos xurdidos dese proceso de investigación), coa finalidade de tratamento de problemas psíquicos, de entre outras demandas traídas polo paciente.
- Sinónimos: psicanálise.
- (Informática) Etapa da creación dun sistema informático na que se recopilan, identifican, clasifican e documentan os requirimentos do mesmo.
Traducións
- Alemán: Analyse (de).
- Castelán: análisis (es).
- Catalán: anàlisi (ca).
- Checo: analýza (cs).
- Francés: analyse (fr).
- Ido: analizo (io).
- Inglés: analysis (en).
- Italiano: analisi (it).
- Portugués: análise (pt).
- Ruso: анализ (ru).
Véxase tamén
Portugués
- Etimoloxía: do latín analysis, e este do grego antigo ἀνάλυσις.
análise (sg: análise; pl: análises)