anfibios
Galego
- Etimoloxía: do latín amphibius, do grego antigo ἀμφίβιος (amphíbios), formado por ἀμφί (amphí, “de ambos tipos”) e βίος (bíos, “vida”).
- Pronuncia: /aɱˈfiβjo̝s/ (AFI)
anfibios
- (Zooloxía) (Amphibia) Clase de animais que inclúe todos os tetrápodos vivos (vertebrados de catro patas) que non teñen embrións con amnio (anamniotas), son poiquilotermos ectotérmicos que normalmente pasan parte do tempo na terra, con respiración branquial durante a fase larvaria e pulmonar ao alcanzar o estado adulto. A diferenza do resto dos vertebrados, distínguense por sufrir unha transformación durante o seu desenvolvemento. Este cambio pode ser drástico e denomínase metamorfose. A maioría dos anfibios non teñen as adaptacións a unha vida exclusivamente terrestre que si posúen a maioría dos demais tetrápodos modernos (amniotas). Están descritas máis de 7.000 especies. O seu estudo (xunto cos réptiles) coñécese como herpetoloxía.