Galego

  •   Pronuncia: /apɾoˈβaðo̝/ (AFI)

  Adxectivo

aprobado (ms: aprobado; mpl: aprobados; fs: aprobada; fpl: aprobadas)

  1. Que superou un nivel de coñecementos ou de calidade mínimo esixido.
    • Exemplo: Só se poden utiliza-los aditivos incluídos nas listas positivas aprobadas pola Unión Europea.

    • Sinónimos: autorizado, válido.
    • Antónimos: prohibido.

Traducións

  Substantivo masculino

aprobado (sg: aprobado; pl: aprobados)

  1. Calificación coa que un profesor certifica que un alumno superou un certo nivel aceptable.
  2. Por extensión, asentemento ou acordo que se dá a un proxecto ou a un feito.
    • Exemplo: A xestión da alcaldesa recibiu un aprobado case unánime dos veciños.

    • Sinónimos: aprobación.

Traducións


Castelán

  Adxectivo

aprobado (ms: aprobado; mpl: aprobados; fs: aprobada; fpl: aprobadas)

  1. Aprobado.

  Substantivo masculino

aprobado (sg: aprobado; pl: aprobados)

  1. Aprobado.