arousán
Galego
- Pronuncia: /aɾowˈsaŋ/ (AFI)
arousán (ms: arousán; mpl: arousáns; fs: arousá; fpl: arousás)
- (Xentilicio) Persoa da ría de Arousa.
- (Xentilicio) Habitante ou natural do concello de Vilagarcía de Arousa.
- Sinónimos: vilagarcián.
- (Xentilicio) Habitante ou natural do concello de Vilanova de Arousa.
- Sinónimos: vilanovés.
- (Xentilicio) Habitante ou natural do concello da Illa de Arousa.
arousán (ms: arousán; mpl: arousáns; fs: arousá; fpl: arousás)
- Da ría de Arousa.
- Relativo ou pertencente ao concello de Vilagarcía de Arousa e a súa xente.
- Sinónimos: vilagarcián.
- Relativo ou pertencente ao concello de Vilanova de Arousa e a súa xente.
- Sinónimos: vilanovés.
- Relativo ou pertencente ao concello da Illa de Arousa e a súa xente.