arquitrabe
Galego
- Etimoloxía: do italiano architrave ("trabe mestra").
- Pronuncia: /aɾkiˈtɾaβe̝/ (AFI)
arquitrabe (sg: arquitrabe; pl: arquitrabes)
- (Arquitectura) Parte inferior do entaboamento na arquitectura clásica. A súa función estrutural é servir de lintel, para transmitir o peso da cuberta ás columnas. É un elemento fundamental na arquitectura de cuberta plana, chamada arquitrabada. A arquitectura grega clásica e o seu precedente, a arquitectura exea, son un exemplo típico de estruturas arquitrabadas, aínda que, anteriormente, os edificios monumentais exipcios tamén se construíron con cubertas planas ou alinteladas.