bentos
Galego
- Etimoloxía: do grego antigo βένθος (bénthos, "os fondos mariños").
- Pronuncia: /ˈbento̝s/ /ˈbɛnto̝s/ (AFI)
bentos
- (Zooloxía) Conxunto de organismos acuáticos que viven no fondo do mar, ríos ou lagos, nuns casos sobre a superficie do fondo (vieiras, crustáceos, algas fixadas ó chan, etc.) e noutros enterrados no sedimento (poliquetos, ameixas, etc.).