broma
Galego
broma1
- Etimoloxía: do grego antigo βρῶμα brôma, 'certo molusco', derivado de βιβρώσκειν bibrṓskein, 'comer con avidez'.
- Pronuncia: /ˈbɾo.ma̝/ (AFI)
broma
(sg: broma; pl: bromas)
- (Zooloxía) Molusco lamelibranquio (Teredo navalis) que se introduce nas madeiras mergulladas no mar, destruíndoas, xa que se alimenta de celulosa.
- Dito dun feito gracioso.
- Dito ou feito de pouca importancia dirixido a alguén para rirse del.
- Engano para ridiculizar algo ou a alguén
- Cousa sen importancia que pode traer consecuencias negativas.
- Burla ou suceso que pode resultar desagradábel.
- Circunstancia de pouca seriedade ou responsabilidade.
Termos relacionados
broma pesada, fóra bromas, nin de broma, tomar en broma.