caléndula
Galego
- Pronuncia: /kaˈlɛndula̝/ (AFI)
caléndula (sg: caléndula; pl: caléndulas)
- (Botánica) Calquera planta do xénero Calendula, que tamén recibe o nome de margarida, maravalla e pampillo, dependendo da especie.
- (Botánica) Planta cunha vistosa flor do xénero Calendula, usada na Grecia, Roma, Arabia e India antigas como planta medicinal, como corante téxtil, corante alimentario e en cosméticos, sendo as súas follas e pétalos comestíbeis. Medra facilmente en lugares soalleiros na maioria dos solos.
- Nome científico: Calendula officinalis.
- Sinónimos: maravalla.