O cheísmo é un trazo sintáctico dialectal da lingua galega. Difire do estándar en non facer distinción entre o pronome persoal átono da segunda persoa de complemento indirecto che e de complemento directo te, usando só a primeira forma para os dous casos (por exemplo: "quéroche", "vinche pola rúa").