clímax
Galego
- Etimoloxía: do latín climax, do grego antigo κλῖμαξ (klĩmax, "escala").
- Pronuncia: /ˈklimaks/ (AFI)
clímax (sg: clímax; pl: clímax)
- Momento ou punto máis elevado ou intenso nun proceso, especialmente no desenvolvemento dunha historia ou un argumento.
- Sinónimos: culminación.
- Antónimos: anticlímax.
- (Retórica) Figura consistente en aumentar gradualmente a intensidade nunha serie de paralelismos.
- Antónimos: anticlímax.
- Sensación física e emocional que se experimenta no punto de máximo pracer sexual.
- Sinónimos: orgasmo.
- (Ecoloxía) Estado estábel e sostíbel dun sistema ecolóxico.