Galego

 
  •   Pronuncia: /koˈβaja̝/ (AFI)

  Substantivo feminino

cobaia (sg: cobaia; pl: cobaias)

  1. (Zooloxía) Mamífero roedor que os incas domesticaron e criaron para aproveitarlle a carne e o pelexo, aínda que actualmente é criado máis ben para experimentos científicos, e para ter como mascotas. Pode chegar ao quilo de peso, medir uns 20 cm de longo, non posúe rabo, e ten orellas pequenas.
  2. (Figurado) Suxeito vivo (persoa ou animal) que serve para algún tipo de experimento científico.

Sinónimos

Traducións