cohiponimia
Galego
cohiponimia (sg: cohiponimia; pl: cohiponimias)
- (Semántica) Relación de inclusión, que organiza os campos semánticos, e que se establece entre dous termos, de xeito que o significado de ámbolos dous (pois son cohipónimos) está incluído no significado dun terceiro vocábulo (hiperónimo) con respecto ó cal -ámbolos dous- son hipónimos. Por exemplo, carballo e castiñeiro teñen entre si cohiponimia (son cohipónimos), pois ámbolos dous son hipónimos (hiponimia) do hiperónimo (hiperonimia) árbore.