Galego

  •   Pronuncia: /ko.ro.'eɾ/ (AFI)

  Verbo transitivo

corroer

  1. Desgastar un axente externo unha cousa de maneira gradual e progresiva.
    • Exemplo: Algúns virus corroen tecidos orgánicos

      .
  2. (Figurado) Causar un mal no ánimo dunha persoa a causa dunha inquietude, normalmente de tipo moral.
    • Exemplo: Ao meu curmán corróeo a envexa.

  Verbo pronominal

corroerse

  1. Irse destruíndo algo lentamente.
    • Exemplo: O ferro corróese cando está en contacto co osíxeno ou coa auga.