Galego

  Substantivo masculino

credo (sg: credo; pl: credos)

  1. Oración que contén os artigos ou puntos fundamentais da fe católica.
    • Exemplo: Estaba rezando o credo.

  2. Conxunto de doutrinas fundamentais dunha relixión.
    • Exemplo: O credo cristán, islámico.

  3. (Figurado) Conxunto de ideas básicas, principios etc., dunha persoa, dun partido, dunha seita etc.
    • Exemplo: Credo político. O credo do partido.

Expresión

  • Co credo na boca: En gran perigo. Realmente, cando envorcou o coche, vinme co credo na boca.
  • Nun credo: Rapidamente. ¡Vaite aló nun credo e tráeme o que che pedín!