acordo
(Redirixido dende dacordo)
Galego
- Etimoloxía: de acordar.
- Pronuncia: [aˈkoɾ.ðʊ], [aˈkɔɾ.ðʊ] (estándar) (AFI)
acordo (sg: acordo; pl: acordos)
- Acto ou efecto de acordar.
- Resolución que adoptan varias persoas ou comunidades.
- Circunstancia de estaren coa mesma opinión os membros dalgún grupo.
- Facultade de recordar, de traer á mente algo que xa pasou.
- Idea que vén á mente.
- Memoria, lembranza das cousas.
Expresións
- De acordo: de conformidade.
- Estar no seu acordo: estar no seu perfeito xuízo.
- Ter acordo: ter memoria.
- Perder o acordo: perder o sentido. Desmaiarse.
- Perder os acordos: non ter memoria, perder a memoria.
- Volver no seu acordo: volver en si.
Traducións
1-Acto ou efecto de acordar
2-Resolución entre varias persoas ou comunidades