data de consumo preferente

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «data de consumo preferente».

  Locución substantiva feminina

data de consumo preferente (sg: data de consumo preferente; pl: datas de consumo preferente)

  1. (Alimentación) Data límite do prazo de tempo durante o que un alimento mantén as características organolépticas adecuadas, establecida polo fabricante para alimentos non perecedoiros
    • Exemplo: Os consumidores reparan cada vez máis na data de caducidade ou na data de consumo preferente dos alimentos que comporan.

    • Observacións: Diferénciase da data de caducidade en que esta última expresa o período de tempo durante o cal o alimento é seguro para o consumidor, pero no caso da data de consumo preferente non existe un risco sanitario para o consumidor unha vez superada.

Termos relacionados

Traducións