Galego

  •   Pronuncia: /di.vul.ɣ̞a.'ðor/ (AFI)

  Adxectivo

divulgador (ms: divulgador; mpl: divulgadores; fs: divulgadora; fpl: divulgadoras)

  1. Que divulga.
    • Exemplo: O profesor fai unha actividade divulgadora do folclore galego.

Observacións

Úsase tamén como substantivo: Realizou un intenso labor como divulgador da historia do país.

Sinónimos

difusor