Galego

  •   Pronuncia: /em.bol.βe.'ðoɾ/ (AFI)

  Adxectivo

envolvedor
(ms: envolvedor; mpl: envolvedores; fs: envolvedora; fpl: envolvedoras)

  1. Que envolve.
    • Exemplo: A orquestra tocaba melodías envolvedoras.

      .

Sinónimos

envolvente

  Substantivo

envolvedor
(ms: envolvedor; mpl: envolvedores; fs: envolvedora; fpl: envolvedoras)

  1. Persoa que anda enredando a outros e sementando problemas.
    • Exemplo: Desconfía desa nena, é unha envolvedora

      .}}.

  Substantivo masculino

envolvedor
(sg: envolvedor; pl: envolvedores)

  1. Pano que serve para envolver.
    • Exemplo: A nai cambioulle o cueiro á filliña e volveulle poñer o envolvedor.