enxame
Galego
- Pronuncia: /enˈʃame̝/ (AFI)
enxame (sg: enxame; pl: enxames)
- Colonia de abellas que habitan unha colmea.
- (Apicultura) Grupo compacto de abellas que sae dunha colmea tras dunha raíña para formar unha nova colmea. Enxame de maio vale un bo cabalo.
- (Figurado) Grupo numeroso de persoas, multitude. O estadio era un enxame de seareiros do Celta.
Sinónimos
Variantes
ensamio, enxamen, enxámeo, enxamio, inxamio