equinoccio
Galego
- Etimoloxía: do latín aequinoctium.
- Pronuncia: /ɛkiˈnɔkθjo̝/ (AFI)
equinoccio (sg: equinoccio; pl: equinoccios)
- (Astronomía) Momento no que o Sol, ao longo do seu movemento aparente anual, atravesa o plano do ecuador celeste. Isto sucede dúas veces ao ano: o 21 de marzo, equinoccio de primavera e o 23 de setembro, equinoccio de outono no hemisferio norte e á inversa no Sur. Nestas dúas datas, a duración do día é igual ao da noite para todos os lugares da Terra.
Véxase tamén
Traducións
Momento no que o Sol atravesa o plano do ecuador celeste.
Castelán
- Etimoloxía: do latín aequinoctium.
equinoccio (sg: equinoccio; pl: equinoccios)