eslamiado
Galego
- Pronuncia: [eslaˈmjaðo̝] (AFI)
eslamiado (ms: eslamiado; mpl: eslamiados; fs: eslamiada; fpl: eslamiadas)
- Que ten pouco ou ningún sabor.
- Que ten pouco interese, que carece de esencia.
- Sinónimos: insubstancial
- Antónimos: interesante
- Exemplo: Sería unha batalla destinada a atraer a mocidade baixo un eslogan insulso, eslamiado e insubstancial.Abuín de Tembra, Avelino (2007) Galicia Hoxe (Xornal)