esturión

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «esturión».

  Substantivo masculino

esturión (sg: esturión; pl: esturións)

  1. (Zooloxía, Alimentación) Especie de peixe condrósteo da orde dos acipenseriformes e familia dos acipenséridos, quizais a especie máis representativa do xénero Acipenser. Peixe de gran tamaño: describíronse exemplares de até 5 e 6 m de lonxitude, con pesos de até 1 000 kg, e que podían alcanzar os 100 anos de idade. Pasa a maior parte da súa vida no mar, habitualmente en augas costeiras pouco profundas, onde se alimenta de peixes e outros animais bentónicos, como crustáceos, moluscos e vermes, que desenterra co seu fociño.

Sinónimos

Nome científico

Traducións