falabarato
Galego
- Pronuncia: [fa.la.βaˈɾa.tʊ] (estándar) (AFI)
falabarato (ms: falabarato; mpl: falabaratos; fs: falabarata; fpl: falabaratas)
- Persoa que fala moito e sen saber o que di, ou que fala de xeito indiscreto.
- Persoa que fala moi alto ou berrando.
Sinónimos
- esbardalleiro
- latriqueiro
- barulleiro
- badueiro
- baralleiro
- barallocas
- barballeiro
- bardallas
- bardalleiro
- gralleiro
- baballón
- baduán
- larapeteiro