Galego

  •   Pronuncia: /faˈlanʃe̝/ (AFI)

  Substantivo feminino

 
Esqueleto da man: arriba, os ósos do carpo; no centro, os 5 metacarpianos; abaixo, as falanxes dos dedos

singular plural
falanxe falanxes
  1. (Anatomía) Cada un dos ósos que conforman o esqueleto dos dedos das mans e dos pés.
    • Observacións: son tres ósos en cada dedo, a excepción do primeiro dedo (o polgar e a deda), que só ten dous. Numéranse (1ª, 2ª e 3ª falanxe) contando a partir da man.
    • Sinónimos: primeira falanxe ou, propiamente, falanxe (a máis próxima a man ou ó pé), segunda falanxe ou falanxiña, terceira falanxe ou falanxeta.
  2. Antiga formación de combate dos exércitos gregos.
  3. (Figurado) Conxunto de persoas que se organizan para conseguir un mesmo fin.

Traducións

Véxase tamén