Galego

  •   Pronuncia: /fi.si.ko.ˈki.mi.ko/ (AFI)

  Adxectivo

fisicoquímico 1

  1. (Física) e (Química) Pertencente ou relativo á fisicoquímica, é dicir, á física e a química conxuntamente.
    • Exemplo: As súas teorías baseábanse en principios fisicoquímicos.

  Substantivo

fisicoquímico 2 (ms: fisicoquímico; mpl: fisicoquímicos; fs: fisicoquímica; fpl: fisicoquímicas)

  1. Especialista en fisicoquímica.
    • Exemplo: O curso foi impartido por unha fisicoquímica moi experta

      .

  Substantivo feminino

fisicoquímica 3

  1. Ciencia que se ocupa conxuntamente de cuestións relativas á física e á química.
    • Exemplo: Doutorouse cun traballo de fisicoquímica.